OFF ópera forte fonética
Febrero 12th, 2007
Próximamente OFF “o concerto”…2, 3 e 4 de Marzo 2007_Teatro Arte Livre_Vigo
…APARIENCIA…xorde dende Acqua: OFF…, periférica imprevisible, surrealista, violenta, marxinal, “maldito poeta” …DESEXO…
Off (Ópera Forte Fonética) é un diálogo permanente e explícito entre a palabra e a linguaxe non verbal. Como todas as óperas, é un pacto secreto ou invisible entre o xesto, a música, a palabra e a imaxe. Esta relación entre os elementos artífices da comunicación, normalmente ocultos ou marxinados baixo a trama na ópera tradicional, vólvense visibles en Off, transfórmanse no argumento principal. Deste xeito, os elementos que conforman o conxunto dunha ópera (palabras, xestos, son, imaxe, espazo-escenario e público) convértense aquí en persoaxes e actores…é un intento de rescatar e poñer en primeira fila argumental eses residuos emocionais, non verbais, que habitualmente quedan anulados polo peso doutros elementos inherentes ao espectáculo…unha posible historia da linguaxe dentro dunha ópera.

Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.






